Terceira entrega de Clic Xanela!
Ata agora xa vimos que podemos facer as fotos desde o noso dispositivo ou desde unha aplicación. Tamén coñecimos que podemos controlar a exposición da foto para conseguir esa Clic Xanela desexada.
Neste terceiro consello, imos afondar no control do zoom, que está moi de actualidade por ver como varía a perspectiva da nosa imaxe cando o empregamos.
O primeiro que nos aconsella o fotógrafo profesional Óscar Corral é que hai que saber diferenciar entre zoom dixital e zoom óptico.
Tamén nos indica que en hai dispostivos móbiles cunha soa cámara, pero tamén os hai con dúas, o que nos daría máis facilidades.
ZOOM: DIXITAL OU ÓPTICO?
Deste xeito, Oscar Corral acláranos que cando só temos unha cámara o noso teléfono só fará zoom dixital. E como o facemos? Cos dous dedos achegámos ou afastámonos da imaxe que procuramos, tamén se conta cun asistente lateral para isto.
No entanto, o noso fotógrafo profesional advírtenos que sempre que o empreguemos, perdemos calidade: É como se recortasemos unha imaxe e despois a ampliamos para vela máis grande. Polo tanto, aconsella evitar este tipo de zoom.
No entanto, se temos un dispositivo móbil con máis dunha cámara, podemos empregar as dúas. Unha para facela foto e a outra cámara para mudar e cambiar de perspectiva. Deste xeito, estamos a empregar un zoom óptico e non temos perda de calidade.























