O xoves, 5 de marzo, a Cidade da Cultura acolle unha xornada técnica, na que responsables da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e da dirección xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, presentarán a nova liña de axudas para que entidades públicas e privadas sen fins de lucro dixitalicen os seus fondos documentais. É unha das medidas da Memoria Dixital de Galicia para avanzar na conservación e universalización do patrimonio galego.
Trátase da segunda liña de axudas, que se pon en marcha e conta cun importe total de 750.000 euros para a dixitalización de fondos documentais en soporte papel (publicacións seriadas, manuscritos, mapas, material gráfico como fotografías, gravados, carteis, debuxos, monografías e folletos, e partituras, partituras anotadas ou manuscritos de música). Con esta nova convocatoria son xa máis de 1,4 millóns de euros públicos os destinados a facilitar a dixitalización de fondos patrimoniais.
A convocatoria, que sairá publicada no Diario Oficial de Galicia nos vindeiros días, subvencionará proxectos cun importe mínimo de 10.000 euros e máximo de 90.000 euros. As entidades beneficiarias recibirán un anticipo do 80% da subvención concedida este ano e o 20% restante en 2021, unha vez acreditado o remate dos traballos de dixitalización. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte á súa publicación no DOG.
As axudas están dirixidas aos órganos estatutarios da Comunidade Autónoma, entidades locais, e entidades delas dependentes, universidades públicas e o Consello Galego de Universidades, entidades privadas sen fins de lucro que dispoñan de activos do patrimonio cultural de Galicia, Reais Academias e as Academias de Galicia, oficialmente establecidas e recoñecidas.
Nov 2025 - Abril 2026
De martes a domingo
Do 22 out 2025 - 31 maio 2026
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026






















