Segunda convocatoria de subvencións para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia

O xoves, 5 de marzo, a Cidade da Cultura acolle unha xornada técnica, na que responsables da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e da dirección xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, presentarán a nova liña de axudas para que entidades públicas e privadas sen fins de lucro dixitalicen os seus fondos documentais. É unha das medidas da Memoria Dixital de Galicia para avanzar na conservación e universalización do patrimonio galego.
 
Trátase da  segunda liña de axudas, que se pon en marcha e conta cun importe total de 750.000 euros para a dixitalización de fondos documentais en soporte papel (publicacións seriadas, manuscritos, mapas, material gráfico como fotografías, gravados, carteis, debuxos, monografías e folletos, e partituras, partituras anotadas ou manuscritos de música). Con esta nova convocatoria son xa máis de 1,4 millóns de euros públicos os destinados a facilitar a dixitalización de fondos patrimoniais.
 
A convocatoria, que sairá publicada no Diario Oficial de Galicia nos vindeiros días, subvencionará proxectos cun importe mínimo de 10.000 euros e máximo de 90.000 euros. As entidades beneficiarias recibirán un anticipo do 80% da subvención concedida este ano  e o 20% restante en 2021, unha vez acreditado o remate dos traballos de dixitalización. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte á súa publicación no DOG. 
 
As axudas están dirixidas aos órganos estatutarios da Comunidade Autónoma, entidades locais, e entidades delas dependentes, universidades públicas e o Consello Galego de Universidades, entidades privadas sen fins de lucro que dispoñan de activos do patrimonio cultural de Galicia, Reais Academias e as Academias de Galicia, oficialmente establecidas e recoñecidas.
 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h