Presentación de Resultados da Iniciativa Primare

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto, inauguran a Xornada de Presentación de Resultados da Iniciativa Primare-Inspeccións Intelixentes Avanzadas.

Primare-Inspeccións Intelixentes Avanzadas é un proxecto que ten como obxectivo dispoñer dunha solución tecnolóxica que permita dispoñer de xeito automatizado de servizos de valor engadido para os axentes do sector agro-gandeiro, mediante o uso de medios tecnolóxicos (en particular mediante o uso de medios aéreos non tripulados, e outros sistemas tecnolóxicos). En particular, dita solución debe proporcionar, entre outros servizos de valor engadido, dos servizos para a realización dos controis de campo asociados ás axudas da Política Agraria Común (PAC) de xeito automatizado mediante os medios antes indicados, aumentado a eficiencia e eficacia destes e reducindo a súa complexidade e custes de realización (polo tanto, o proceso inclúe tanto a obtención de datos, como a súa almacenaxe, o procesamento e análise para a obtención de información, a transformación desa información en servizos e en particular os necesarios para a realización e validación dos controis indicados).

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI