O 23 de abril a Cidade da Cultura acolle o acto de entrega da terceira edición dos Premios Industria 4.0. O acto arrancará ás 12.00 coa inauguración a cargo do director xeral do Igape, Juan Manuel Cividanes.
O programa continuará cun panel de expertos titulado 'Presentación proxectos industria 4.0', no que intervirán CEAGA, CLUSAGA, ACLUNAGA, o Cluster da Madeira, o Consorcio Aeronáutico, e o Cluster do Granito.
Ás 13.00 horas terá lugar a entrega de premios, coa participación do director xeral do Igape e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, que tamén será o encargado da clausura da xornada.
Mar - Dec 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Nov - mai 2017
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
21 Nov 2026
16.30 h





























