#EmprendeGaiás19

Como complemento á xornada CreaGaiás, o Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura lanza, a través da rede social Instagram, o certame #EmprendeGaiás19, unha iniciativa dirixida a instagramers de toda Galicia que os anima a publicar fotografías relacionadas coa temática do emprendemento. 

Poderán participar en #EmprendeGaiás19 persoas físicas maiores de 18 anos cunha conta pública na rede social Instagram, que sexan seguidoras da @cidadedacultura nesta rede social e teñan interese pola fotografía, a creatividade, as artes visuais, os procesos de creación e o traballo emprendedor.

As imaxes a concurso deberán abordar de xeito creativo e orixinal as características do traballo emprendedor e compartirse de xeito público desde o 14 de marzo ata o 7 de abril nesta rede social acompañadas do hashtag #EmprendeGaiás19. Entre todas as imaxes compartidas serán elixidas un máximo de 20 finalistas que poderán optar ao premio final de 300€ que recibirá á mellor fotografía.

O premio será outorgado por un xurado especializado e entregado na xornada CreaGaiás que se celebrará o 11 de abril de 2019 no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura.

Poden consultarse as bases de participación no apartado de descargas desta mesma páxina.

Na primeira edición de EmprendeGaiás celebrada en 2018 foi galardoada a imaxe presentada por @nuria_diaz e que ilustra esta información.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
3 out 2026
De 17:00h a 22:30