Xornada Final de Tech Kids

Este domingo celébrase a xornada final dos talleres do programa #TechKids, con actividades e un relatorio sobre as posibilidades da creación dixital, da man do director do festival internacional Mundos Digitales, Manuel Meijide, e o cofundador de Illusorium Studios, Raúl Rocha.

As actividades serán no Hall de Tirantes do Museo Centro Gaiás, de 11:00 a 14:30 horas. O programa inclúe os seguintes talleres, dirixidos a mozos e mozas entre 10 e 17 anos:

  • Vídeo Mapping interactivo: Poderás elaborar un “quebracabezas interactivo” organizando cadrados a través de movementos aéreos compoñendo un vídeo.
  • Chroma Key: Darémosche instrucións para crear e posar nun escenario virtual en tempo real.
  • Jam Musical: Crearás a túa propia música, aínda sen coñecementos previos, cun sistema informático de música en directo.
  • Drons Tech: Verás as posibilidades que ofrecen os drons na actualidade e participarás na demostración.


Tamén se facilitará unha bolsa de pícnic e haberá unha zona de xogos e un relatorio de Mundos Dixitais ás 12:00 horas (Sala Seminario do Museo) para as familias.

As inscricións xestionaranse por rigorosa orde de chegada ata o venres 16 de novembro ás 14:00 horas. Ata o martes 13 de novembro terán prioridade de inscrición os rapaces e rapazas que participaron nas actividades do Programa Tech Kids durante o verán de 2018, e a partir desta data, asignaranse as prazas dispoñibles a todos os rapaces e rapazas interesados.

Durante os meses de xullo, agosto e setembro o programa #TechKids, impulsado polo Colexio Profesional de Enxeñeiros en Informática de Galicia e Amtega, organizou máis de medio centenar de talleres para fomentar o talento dixital na mocidade galega nas Aulas CeMIT en concellos das catro provincias. Impartíronse talleres de robótica, pilotaxe de drons e creación de personaxes para videoxogos.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h