Xestión integral da Propiedade Industrial e Intelectual

O Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura acolle o xoves 20 de setembro a xornada 'Xestión integral dos dereitos de Propiedade Industrial e Intelectual', organizada polo programa Galicia Open Future.

Hoxe en día, aprender a xestionar e sacar partido os activos de Propiedad Industrial e Intelectual (dereitos, patentes, marcas, licenzas, etc.) é fundamental para desenvolver de maneira eficaz calquera proceso de innovación tanto en empresas como en organizacións. Expertos de Clarke, Modet & Cº explicarán nesta xornada os fundamentos para realizar unha axeitada protección e explotación destes activos.

Clarke, Modet & Cº é un dos maiores grupos especializados en Propiedade Industrial e Intelectual en países de fala hispana e portuguesa.

Galicia Open Future_ Retos Industria 4.0 é unha iniciativa promovida por Telefónica en colaboración coa Xunta de Galicia que ten como finalidade impulsar o sector industrial de Galicia, aspirando a posicionarse como punto de conexión entre o novo talento emprendedor innovador, tanto local como internacional, e as empresas tractoras de Galicia.

O acceso á xornada será por convite previo da organización.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h