Xornada tecnolóxica

O Cluster TIC Galicia, en colaboración co IGAPE, celebrará o próximo xoves, 19 de abril, unha xornada para dar a coñecer novos productos innovadores do sector tecnolóxico en Galicia. 

A xornada terá lugar na Sala Eisenman da Cidade da Cultura, a partir das 9:30 h., coa inauguración a cargo de Antonio Rodríguez, presidente do Cluster TIC Galicia, e de Norberto Penedo, director da Área de Competitividade do IGAPE. 

A empresa viguesa Xesol Innovation será a encargada de abrir o encontro coa ponencia “O coche do futuro: tecnoloxía para unha nova automoción”. Esta compañía crea solucións para o sector da movilidade intelixente e sostenible, como o software de codución autónoma Xesol Drive, que utiliza a intelixencia artificial para detectar outros vehículos, peatóns, semáforos, etc., e un novo programa no que están traballando para detectar a fatiga e as distraccións do conductor.

Tras a súa intervención, a empresa coruñesa de desenvolvmento de software Tecalis explicará os últimos avances na aplicación do blockchain ó mundo das transaccións. Esta tecnoloxía a utilizan na compañía como base dun dos seus produtos máis innovadores, a ferramenta de firma electrónica Signen, coa que garantizan unha maior seguridade, accesibilidade e rapidez á hora de asinar acordos entre varios usuarios.   

A continuación, o director do IGAPE, Juan Cividanes, moderará a rolda de presentación de productos innovadores. Nesta mesa presentaranse productos como a tecnoloxía de xeolocalización en interiores de Situm, a plataforma de gamifación Dogoplay de Cleventy, a plataforma de Business Intelligence OBSIDIAN de Ozona, creación de televisión automática de Cinfo, a plataforma cocoERP Alimentación de AVA  e a plataforma para xuntanzas virtuais e presenciais con validez legal de Councilbox.   

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, será o ecargado de clausurar o evento. Ademáis, está prevista a asistencia de grandes clientes potenciais e investidores privados.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI