Xornada Formativa Campus UFI

UFi organiza na Cidade da Cultura unha xornada formativa para contribuír ao impulso do emprendemento na industria discográfica, así como para visibilizar e poñer en valor o traballo das mulleres na mesma para que sirvan de modelo ás futuras empresarias do sector. O acto constará dunha conferencia, unha mesa redonda e unha merenda de networking e contará coa participación de Iria Talegón (Esmerarte), Bea Camiña (Moucho Records), Noemí Planas (xerente de UFi) e outras destacadas profesionais do sector musical.

Na conferencia Como poñer en marcha un selo discográfico: primeiros pasos para lanzar un disco de forma profesional explicaremos os pasos esenciais que un emprendedor ten que dar para iniciarse na produción discográfica e publicar e distribuír un disco de xeito profesional. Acto seguido, as integrantes da mesa redonda Estratexias para fomentar o emprendemento da muller na industria musical analizarán os retos aos que se enfrontan as profesionais neste sector e debaterán como fomentar a participación das mulleres en todas as áreas da xestión musical e o seu acceso a cargos directivos dentro das empresas. Como broche á xornada se celebrará unha merenda de networking na que os asistentes poderán coñecerse, intercambiar contactos e experiencias

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta