Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia

A Cidade da Cultura acolle o 10 de xullo o I Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, no que un total de doce formacións interpretarán durante vinte minutos o repertorio elixido para a ocasión. O Festival rematará cunha actuación conxunta de todas as agrupacións, que interpretarán sobre o escenario da praza central o Himno Galego.

O I Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, nace para dar a coñecer o traballo que fan as formacións máis novas das bandas de música galegas ao tempo que se fomenta unha xornada de convivencia entre os seus compoñentes, provintes de toda a xeografía galega e co nexo común do seu amor pola música.

As bandas que formarán parte desta primeira edición son:

  1. Banda Infantil da Unión Cultural de Campo Lameiro
  2. Banda Xuvenil da Unión Musical Ponteledesma
  3. Banda da Escola da Agrupación Musical do Rosal
  4. Banda Xuvenil da Banda Artística de Merza
  5. Xoven Banda Municipal de Valga
  6. Banda Xuvenil da Cultural de Teo
  7. Banda Infantil da Agrupación Musical de Vincios
  8. Banda Infantil e Xuvenil de Antas de Ulla
  9. Banda Xuvenil de Santa Cruz de Ribadulla
  10. Banda da Escola de Música de Valladares
  11. Sons e Soños (Rábade-Begonte-Outeiro)
  12. Banda de Música de Visantoña
 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h