Proxecto Móvete

A Cidade da Cultura acolle este venres a xornada de peche do Proxecto Móvete, un instrumento para a formación integral do alumnado de educación primaria ao redor dos valores asociados ao voluntariado e a solidariedade.Para iso deséñouse un proxecto en base a esta idea central, e tendo como un dos referentes do mesmo, a canción de Paco Nogueiras, e que dá nome a este proxecto, Móvete, como instrumento didáctico inspirador dunha parte do proxecto, e que serve de motor motivacional para nenos e nenas implicados no proxecto.

O proxecto vai dirixido nesta experiencia piloto a 3 centros educativos de educación primaria de Santiago de Compostela, Monfero e  Vilagarcía de Arousa, que serán os participantes nesta xornada final na que realizarán unha presentación das accións solidarias realizadas e que terá como colofón un concerto de Paco Nogueiras, onde se inclúe a canción que dá título ao proxecto, e que servirá para reforzar todos os valores solidarios traballados ao longo do proceso.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI