A Cidade da Cultura acolle este venres a xornada de peche do Proxecto Móvete, un instrumento para a formación integral do alumnado de educación primaria ao redor dos valores asociados ao voluntariado e a solidariedade.Para iso deséñouse un proxecto en base a esta idea central, e tendo como un dos referentes do mesmo, a canción de Paco Nogueiras, e que dá nome a este proxecto, Móvete, como instrumento didáctico inspirador dunha parte do proxecto, e que serve de motor motivacional para nenos e nenas implicados no proxecto.
O proxecto vai dirixido nesta experiencia piloto a 3 centros educativos de educación primaria de Santiago de Compostela, Monfero e Vilagarcía de Arousa, que serán os participantes nesta xornada final na que realizarán unha presentación das accións solidarias realizadas e que terá como colofón un concerto de Paco Nogueiras, onde se inclúe a canción que dá título ao proxecto, e que servirá para reforzar todos os valores solidarios traballados ao longo do proceso.
























