A Fundación Telefónica, FECYT e Big Van visitan varias cidades para organizar LocosXCiencia 2016 dirixida a alumnado e profesorado de 3º e 4º de ESO, baseada na preparación de monólogos de temática científica. A Cidade da Cultura é o escenario elixido para celebrar os espectáculos en Santiago de Compostela, con monólogos a cargo de The Big Van, un grupo de 18 científicos de distintas áreas que preparan espectáculos teatrais, vídeos, programas de radio, co fin de difundir temas relacionados coa ciencia. Pódese escoller data entre o 22 e o 26 de febreiro de 2016 e horario entre as 10:00 e as 12:00.
Concurso de monólogos para estudantes
O alumnado que asista ás sesións de monólogos, co apoio dos seus docentes, poderán elaborar os seus propios monólogos de ciencia e tecnoloxía e participar neste concurso. Contará cunha semifinal por comunidade autónoma e unha gran final na que participará o gañador de cada semifinal. A final do concurso celebrarase o día 5 de maio de 2016 no Espazo Fundación Telefónica en Madrid . Os finalistas, tanto alumnado como docentes gañarán unha viaxe ao acelerador de partícula CERN en Suiza, para poder visitar o Gran Colisionador de Hadrones.
Os docentes do alumnado que participen nos espectáculos de monólogos poden ademais apuntarse a unha sesión de formación en obradoiros presenciais (na Sala 2 da Biblioteca da Cidade da Cultura) e con contido on line para ensinar a empregar o humor nas súas clases e animalos a que axuden aos estudantes a crear os seus propios monólogos de ciencia e tecnoloxía. Os obradoiros pódense escoller entre as datas 23 ou 25 de febreiro en horario de 17:00 a 20.00. Para inscribirse acceder á ligazón: http://www.fundaciontelefonica.com/educacion_innovacion/formacion-ciencia-stem/formacion-para-docentes/
Innova FP
LocosXCiencia 2016 coincidirá na Cidade da Cultura co Congreso de Innovación na FP. Innova FP, que terá lugar os días 24 e 25 no Museo Centro Gaiás. O congreso conta con exposión que o alumnado pode visitar, solicitando previa cita en cifp@edu.xunta.es.
























