Lingua Urbana 2026

A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela volverá converterse o próximo 28 de agosto nun punto de encontro para os novos sons urbanos coa celebración da terceira edición de Lingua Urbana, unha cita que se consolida dentro da programación dos Concertos do Xacobeo.

O cartel contará con Yung Beef, Dirty Suc e 9Louro, tres nomes recoñecidos da escena urbana, aos que se suma Abhir, que ofrecerá en Santiago a súa única actuación en Galicia durante 2026. A presenza galega ten un peso destacado coa participación de Arce, artista compostelán e Lg1do, de Ames, ambas figuras emerxentes da escena actual. Ademais, tamén pincharán música os dj´s Sote, Carlos Barral e Valensk8.

A combinación de artistas consolidados, novos proxectos e creadores vinculados á escena galega permite configurar unha proposta especialmente conectada coas novas xeracións e coas tendencias actuais da música urbana, ao tempo que dá visibilidade ao talento que se está a desenvolver no país.

Máis información nas redes e web do Lingua Urbana Fest.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
1 Ago — 6 Set 2026
De martes a domingo
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
5 Set 2026
De 17:00h a 20:00h