PALCO | Galicia conecta a industria musical

PALCO é un evento que nace para conectar a industria musical galega. Como un punto de encontro no que a música se escoita, se pensa, se comparte e se impulsa.

Durante tres días, do 3 ao 5 de novembro, a Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, acollerá unha programación deseñada para crear novas oportunidades, favorecer o intercambio e fortalecer os vínculos entre os diferentes axentes do sector. Un espazo para compartir coñecemento, activar relacións profesionais, presentar proxectos e impulsar novas vías de colaboración.

O evento inclúe unha programación artística, charlas e obradoiros, mesas de traballo, encontros e presentacións breves pensados para descubrir, conectar e seguir facendo medrar a música galega. Descubre como participar en palco.gal.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta