Congreso FESNAD 2025

Do 13 ao 15 de novembro o Edificio Fontán da Cidade da Cultura acolle o V Congreso da Federación Española de Sociedades de Nutrición, Alimentación e Dietética (FESNAD) e LXXV Congreso da Sociedade de Pediatría de Galicia, co lema “O Bo Camiño: Nutrición, Saúde e Sustentabilidade”. 

O evento busca converterse nun foro de discusión e intercomunicación, que axude a aumentar as sinerxías entre as Sociedades que a integran e a establecer as directrices para seguir no “bo camiño”, cun enfoque integrado, cara á mellor saúde nutricional do individuo e benestar ambiental. 

O programa inclúe relatorios científicos, obradoiros e mesas de debate ao redor de temas de actualidade nos ámbitos da nutrición e a atención pediátrica. Máis información na web do congreso.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
30 Out 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h