Energy Days 2025

Energy Days 2025 é un evento dedicado ao sector enerxético que terá lugar os días 8, 9 e 10 de outubro no Edificio CINC da Cidade da Cultura. As xornadas abordarán temáticas relevantes sobre enerxía, industria e dixitalización, eidos que se atopan nun estado de innovación permanente e que requiren un punto de encontro para a interacción entre os diversos actores.

Nos últimos anos, o binomio de desenvolvemento relacionado coa transición enerxética e a transformación dixital está mudando a sociedade e a industria. Isto afecta á estratexia de fabricantes, enxeñerías e empresas de servizos. Energy Days 2025 componse dun completo programa de ponencias e zona de exposicións para mostrar as mellores solucións, permitindo a profesionais, empresas, administracións e público en xeral coñecelas de primeira man.

O evento fomenta tamén o networking a través de cafés, almorzos, ceas e outras actividades, co obxectivo de xerar un espacio propicio para o intercambio de ideas e a creación de sinerxías.

Consulta o programa completo da xornada na web de Energy Days

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h