Energy Days 2025 é un evento dedicado ao sector enerxético que terá lugar os días 8, 9 e 10 de outubro no Edificio CINC da Cidade da Cultura. As xornadas abordarán temáticas relevantes sobre enerxía, industria e dixitalización, eidos que se atopan nun estado de innovación permanente e que requiren un punto de encontro para a interacción entre os diversos actores.
Nos últimos anos, o binomio de desenvolvemento relacionado coa transición enerxética e a transformación dixital está mudando a sociedade e a industria. Isto afecta á estratexia de fabricantes, enxeñerías e empresas de servizos. Energy Days 2025 componse dun completo programa de ponencias e zona de exposicións para mostrar as mellores solucións, permitindo a profesionais, empresas, administracións e público en xeral coñecelas de primeira man.
O evento fomenta tamén o networking a través de cafés, almorzos, ceas e outras actividades, co obxectivo de xerar un espacio propicio para o intercambio de ideas e a creación de sinerxías.
Consulta o programa completo da xornada na web de Energy Days.
- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH






















