Outra mirada | Visitas singulares á arquitectura do Gaiás

Queres descubrir o Gaiás con outra mirada? Achegámonos á arquitectura, espazos naturais e funcionamento da Cidade da Cultura cunhas visitas monográficas para afondar nun espazo diferente en cada quenda, incluíndo lugares habitualmente restrinxidos ao público.

A impresionante galería subterránea que conecta os edificios, os depósitos do Museo Centro Gaiás, as claves xeométricas que explican o conxunto arquitectónico, a sala de climatización, os fondos que custodian a Biblioteca e o Arquivo de Galicia, ou os espazos verdes do monte son algúns dos puntos destacados destes percorridos que nos levan desde as Torres Hejduk ao Fontán (o primeiro e o último dos edificios erixidos no monte Gaiás).

Preme nos diferentes espazos para reservar a túa praza de balde e ven descubrir un dos exemplos máis sorprendentes e singulares da arquitectura contemporánea.

Xuño 2025

Andaina miradoiro

8 Xuñ 2025 | 12h

Que podemos ver desde o cumio do monte? Desde vértices xeodésicos ás torres da Catedral de Santiago, o Gaiás ofrécenos unha panorámica diferente da paisaxe compostelá

<reserva praza AQUÍ>

Andaina de arte e natureza 

15 Xuñ 2025 | 12h

12.000 árbores autóctonas entre as que podemos atopar fiestras de pedra, bancos cosmolóxicos, zapatos de peregrino e caixas do correo nas que deixar os medos

<reserva praza AQUÍ>

Andaina feiticeira 

20 Xuñ 2025 | 17h

No corazón verde do Monte Gaiás agroman as sete herbas de San Xoán e moitas outras compañeiras silvestres. Imos á súa procura nas vésperas da noite máis máxica do ano

<reserva praza AQUÍ>

.

Abril - Maio 2025

Visita ao Museo Centro Gaiás

26 Abr e 18 Mai 2025 | 12h

Descubrimos os espazos expositivos do Museo Centro Gaiás, pero tamén as súas áreas agochadas: desde os depósitos de obra ata o gran montacargas.

<reserva praza AQUÍ>

Visita ao Edificio Fontán e CINC 

3 Mai 2025 | 12h

Da arquitectura de Peter Eisenman á de Andrés Perea, afondamos no devir do complexo do Gaiás e no último dos edificios construídos na Cidade da Cultura.

<reserva praza AQUÍ>

Visita á Biblioteca e Arquivo de Galicia 

10 Mai 2025 | 12h

Achegámonos á Biblioteca e ao Arquivo de Galicia, institucións de referencia na conservación do patrimonio bibliográfico e documental que custodian desde gravados de Seoane ao legado de Díaz Pardo.

<reserva praza AQUÍ>

Visita aos espazos naturais

11 Mai 2025 | 12h

A contorna do monte Gaiás foi transformada pola arquitectura pero, ao mesmo tempo, estes novos espazos foron xa reclamados pola natureza. Nesta visita achegámonos ao seu deseño, e tamén á súa fauna e flora.

<reserva praza AQUÍ>

Visita a espazos ocultos: do túnel á sala de climatización

17 Mai 2025 | 12h

Descubre lugares inaccesibles para o público nun percorrido polo Gaiás oculto: de norte a sur atravesando o subsolo da montaña e a galería de servizos que conecta os edificios.

<reserva praza AQUÍ>

.