A Biblioteca e Arquivo de Galicia abriron as súas portas ao público en 2011 como institucións de referencia na conservación do patrimonio bibliográfico e documental da nosa comunidade.
Neste percorrido comentado descubriremos os segredos da arquitectura do espazo que as acolle —desde dobres teitos a un dos seus cinco depósitos de libros— e observar de preto algúns dos fondos que atesouran estas dúas institucións nas súas instalacións no Gaiás, onde se gardan desde o legado cultural deixado por Isaac Díaz Pardo, a obras e gravados de Seoane, a biblioteca de Basilio Losada, as obras de Carlos Casares ou a máis completa cartografía de Galicia.
Liñas crebadas e formas ovoides dunha arquitectura insólita que ten como finalidade preservar a memoria de todo un país.








