Queres descubrir o Gaiás con outra mirada? Achegámonos á arquitectura, espazos naturais e funcionamento da Cidade da Cultura cunhas visitas monográficas para afondar nun espazo diferente en cada quenda, incluíndo lugares habitualmente restrinxidos ao público.

A impresionante galería subterránea que conecta os edificios, os depósitos do Museo Centro Gaiás, as claves xeométricas que explican o conxunto arquitectónico, a sala de climatización, os fondos que custodian a Biblioteca e o Arquivo de Galicia, ou os espazos verdes do monte son algúns dos puntos destacados destes percorridos que nos levan desde as Torres Hejduk ao Fontán (o primeiro e o último dos edificios erixidos no monte Gaiás).
Preme nos diferentes espazos para reservar a túa praza de balde e ven descubrir un dos exemplos máis sorprendentes e singulares da arquitectura contemporánea.
Xuño 2025
|
|
8 Xuñ 2025 | 12h Que podemos ver desde o cumio do monte? Desde vértices xeodésicos ás torres da Catedral de Santiago, o Gaiás ofrécenos unha panorámica diferente da paisaxe compostelá |
|
|
15 Xuñ 2025 | 12h 12.000 árbores autóctonas entre as que podemos atopar fiestras de pedra, bancos cosmolóxicos, zapatos de peregrino e caixas do correo nas que deixar os medos |
|
|
20 Xuñ 2025 | 17h No corazón verde do Monte Gaiás agroman as sete herbas de San Xoán e moitas outras compañeiras silvestres. Imos á súa procura nas vésperas da noite máis máxica do ano |
.
Abril - Maio 2025
|
|
26 Abr e 18 Mai 2025 | 12h Descubrimos os espazos expositivos do Museo Centro Gaiás, pero tamén as súas áreas agochadas: desde os depósitos de obra ata o gran montacargas. |
|
|
Visita ao Edificio Fontán e CINC 3 Mai 2025 | 12h Da arquitectura de Peter Eisenman á de Andrés Perea, afondamos no devir do complexo do Gaiás e no último dos edificios construídos na Cidade da Cultura. |
|
|
Visita á Biblioteca e Arquivo de Galicia 10 Mai 2025 | 12h Achegámonos á Biblioteca e ao Arquivo de Galicia, institucións de referencia na conservación do patrimonio bibliográfico e documental que custodian desde gravados de Seoane ao legado de Díaz Pardo. |
|
|
11 Mai 2025 | 12h A contorna do monte Gaiás foi transformada pola arquitectura pero, ao mesmo tempo, estes novos espazos foron xa reclamados pola natureza. Nesta visita achegámonos ao seu deseño, e tamén á súa fauna e flora. |
|
|
Visita a espazos ocultos: do túnel á sala de climatización 17 Mai 2025 | 12h Descubre lugares inaccesibles para o público nun percorrido polo Gaiás oculto: de norte a sur atravesando o subsolo da montaña e a galería de servizos que conecta os edificios. |
.






















