InnovArt 2023

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades organiza InnoVart 2023, un evento que aglutina a oferta das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas que se imparten en Galicia, e que terá lugar os días 13 e 14 de abril no Museo Centro Gaiás.

Trátase dunha excelente ocasión para coñecer o potencial destas ensinanzas, xa que se contará con material expositivo e actividades interactivas de arte dramática, artes plásticas e deseño, conservación e restauración de bens culturais, danza, ensinanzas deportivas, idiomas e música. Haberá tamén concertos, conferencias e espectáculos escénicos.

O evento terá lugar o xoves 13 e venres 14 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. O acceso ten carácter gratuíto para o público en xeral. Máis información na web de InnoVart 2023.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta