Minerais estratéxicos para a industria

A Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) volverá acoller o evento do ano sobre materias primas críticas para o desenvolvemento: ‘Minerais estratéxicos para a industria’. Trátase da segunda edición do evento organizado pola COMG a través da plataforma Minería Sostible de Galicia e que ten como meta crear un espazo de diálogo entre a minería e outros sectores fundamentais para a economía que dependen en gran medida dos recursos obtidos por ela.

‘Minerais estratéxicos para a industria’ é unha cita ineludible para diferentes sectores industriais esenciais para avanzar cara á sustentabilidade: enerxías renovables, automoción, naval, etc.  

A xornada principal será o 27 de outubro no Auditorio Neira Vilas e desenvolverase a través de mesas redondas. Nela, tratarase un dos temas que marca a actualidade: a crise de materias primas global que xera desabastecemento e sobrecustos en sectores fundamentais para a sociedade. Os participantes provirán do sector mineiro, a investigación e da industria. 

Por outra banda, o día 28 de outubro, os que o desexen poderán asistir a unha visita guiada -prazas limitadas- á Mina de Penouta (Ourense) para coñecer a única explotación de coltan de Europa. 

Máis información, programa e inscricións AQUÍ.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027