A Cidade da Cultura acolle o sábado 30 de abril de 2022 a XV Reunión Anual da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria (AGAPap). O encontro está dirixido a pediatras galegos e galegas que traballan en Atención Primaria, e ten o obxectivo da posta ao día e formación continuada en temas de interese do seu labor profesional. Na reunión celebrarase tamén a Asemblea Xeral anual da AGAPap.
A Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria forma parte da Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria (AEPap), pero de xeito autónomo. Os seus obxectivos, ao igual que a AEPap, son ilusionar, motivar e dinamizar o traballo dos e das Pediatras de Atención Primaria, mellorar a calidade das súas actividades e condicións de traballo, e resaltar a imaxe dun Pediatra de Atención Primaria cun alto nivel de formación.






















