Xornada Técnica. Os gases medicinais no ámbito clínico

Esta xornada técnica está dirixida a profesionais do Servizo Galego de Saúde: médicos, enfermeiros, farmacéuticos e persoal de mantemento. Está organizada por ACIS, a Axencia de Coñecemento en Saúde, unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia. 

Para logralo, integra nunha mesma cadea de valor a formación dos profesionais sanitarios, a investigación en saúde, a innovación baixo un enfoque aberto, e a avaliación de tecnoloxías para garantir a aplicación das máis novas baixo criterios de máxima seguridade.