A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza a Xornada sobre o Proxecto europeo Holocausto e Memoria 2015 o sábado 17 de xaneiro de 2015, en Santiago de Compostela. A conferencia inaugural correrá a cargo de Gustavo Daniel Perednik baixo o nome de O Holocausto e como ensinalo. Seguidamente, Xoán Manuel Garrido Vilariño pronunciará a charla O ensino do Holocausto na ESO. A xornada completarase con varios obradoiros e unha conferencia de clausura a cargo de Esperanza Luz Mariño Davila. (Consultar o programa na área de descargas).
O 27 de xaneiro é sinalado por Nacións Unidas como data de recordo ás vítimas do Holocausto xa que tal día de 1945 o exército soviético liberou o maior campo de exterminio nazi: Auschwitz-Birkenau. En España recoñeceuse oficialmente a conmemoración no Real Decreto do 15/12/2004, baixo a denominación de "Día da Memoria do Holocausto e da Prevención dos Crimes contra a Humanidade".
O obxectivo desta iniciativa é conseguir introducir a transmisión do Holocausto no ensino a través da conmemoración do "Día da Memoria do Holocausto" o próximo 27 de xaneiro de 2015. Para isto, esta xornada pretende proporcionar ao profesorado participante información, ideas e recursos referentes a esta temática.
| 141.13 KB |




















