Xornada sobre o Proxecto europeo "Holocausto e Memoria 2015"

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza a Xornada sobre o Proxecto europeo Holocausto e Memoria 2015 o sábado 17 de xaneiro de 2015, en Santiago de Compostela. A conferencia inaugural correrá a cargo de Gustavo Daniel Perednik baixo o nome de O Holocausto e como ensinalo. Seguidamente, Xoán Manuel Garrido Vilariño pronunciará a charla O ensino do Holocausto na ESO. A xornada completarase con varios obradoiros e unha conferencia de clausura a cargo de Esperanza Luz Mariño Davila. (Consultar o programa na área de descargas).

O 27 de xaneiro é sinalado por Nacións Unidas como data de recordo ás vítimas do Holocausto xa que tal día de 1945 o exército soviético liberou o maior campo de exterminio nazi: Auschwitz-Birkenau. En España recoñeceuse oficialmente a conmemoración no Real Decreto do 15/12/2004, baixo a denominación de "Día da Memoria do Holocausto e da Prevención dos Crimes contra a Humanidade".

O obxectivo desta iniciativa é conseguir introducir a transmisión do Holocausto no ensino a través da conmemoración do "Día da Memoria do Holocausto" o próximo 27 de xaneiro de 2015. Para isto, esta xornada pretende proporcionar ao profesorado participante información, ideas e recursos referentes a esta temática.

 
Visitar
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h