Xornada sobre o Dano Cerebral: 'Dende o asistencialismo ao pleno exercicio de dereitos’

Organizada por Dano Cerebral Galicia, a xornada terá lugar no edificio CINC da Cidade da Cultuar o sábado 9 de novembro, en Santiago de Compostela. Estudarase a fondo a evolución da atención a esta discapacidade e coñeceranse iniciativas para o desenvolvemento e reforzo dun modelo de vida independente.

Realizar un percorrido “Dende o asistencialismo ao pleno exercicio de dereitos”, coñecendo con detalle a evolución dos modelos de atención e da abordaxe sociosanitaria do dano cerebral adquirido. Este é o principal obxectivo de Dano Cerebral Galicia -a Federación Galega de Dano Cerebral, ata fai pouco FEGADACE- na súa Xornada sobre o Dano Cerebral.

Trátase dun evento arredor do estudo sobre a traxectoria do dano cerebral, a primeira causa de discapacidade adquirida, en aumento se se atende ao desenvolvemento das súas principais causas: o ictus e os traumatismos cranioencefálicos. Por unha banda, o actual ritmo de vida, cheo de estrés, sedentarismo ou alimentación pouco equilibrada produce un incremento dos factores de risco do ictus; pola outra, as melloras na atención de urxencias están a provocar que se salven vidas que continúan, pero con secuelas, é dicir, con dano cerebral adquirido.

Dano Cerebral Galicia proponse dedicar, pois, a súa Xornada divulgativa a estudar as orixes e desenvolvemento dos recursos de atención a esta discapacidade, así como a poñer en común iniciativas que teñen en conta o actual enfoque de dereitos, centrado na persoa e na súa autonomía, considerando a accesibilidade universal como unha premisa básica para o seu exercicio, e enfocada, na medida do posible, na desinstitucionalización.

A inscrición, que é de balde e inclúe os materiais informativos, o café e un xantar tipo cóctel, está aberta nesta ligazón.

A Xornada conta co recoñecemento de interese sanitario para actos de carácter científico da Xunta de Galicia. Ademais, Dano Cerebral Galicia dispoñibiliza o servizo de interpretación en LSE.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI