Xornada Economía Social

Máis dunha ducia de expertos, representantes empresariais, membros de entidades e asociacións, responsables políticos e axentes sociais participarán o vinderio 18 de otubro na xornada sobre economía social que está a organizar o Consello Económico e Social de Galicia. O organismo consultivo vai reunir na Cidade da Cultara en Santiago de Compostela a algúns dos máis salientables coñecedores deste modelo económico diferente, que aúna a eficiencia empresarial cos valores de solidariedade, responsabilidade e cohesión social, que é quen de xerar riqueza pero tamén de corrixir desigualdades e desequilibrios sociais.

A xornada abrirase con dúas conferencias sobre as economías que están a vir, especialmente na nova realidade que marca a pandemia. Na primeira, o presidente do Consejo Económico y Social de España, Antón Costas, tentará responder á pregunta de qué economía necesitamos nun contexto de incremento das desigualdes. A continuación, será o presidente da Confederación Empresarial Española da Economía Social (Cepes), Juan Antonio Pedreño, quen expoñerá a visión da patronal do sector, un actor empresarial fundamental na transformación económica e social de España e Europa.

Un segundo bloque de intervencións agrúpase baixo o epígrafe “Situación económica e social galega e visión de futuro”. Nel exporanse aspectos relativos á contribución da economía social en Galicia, o papel de apoio dos poderes públicos a este tipo de iniciativas, as posibles estratexias para a súa consolidación ou a participación das entidades deste sector a través do Consello de Economía social de Galicia. Entre outros ponentes, contamos coa presencia da directora do Centro de Estudos Cooperativos, do presidente do Foro pola Economía social galega ou da directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social.

A xornada continuará cun bloque adicado ás entidades que fan parte deste sector, segundo a súa normativa reguladora. Teremos ocasión de afondar no papel das cooperativas, as confrarías como instrumento para o interese económico e social, e presente e o futuro dos centros especiais de emprego e o labor dos centros de inserción. Entidades como EspazoCoop, Cegasal ou Aeiga estarán representadas nesta parte da sesión.

Para rematar, os representantes sindicais amosarán a súa visión das sociedades laborais en Galicia e o seu papel para acadar emprego de calidade, sostible, inclusivo e solidario, un dos obxectivos que anima a este sector económico e auxe.

A través deste iniciativa, o Consello Económico e Social de Galicia quere contribuir a poñer en valor e dar a coñecer, dun xeito conxunto, a toda unha serie de actividades, entidades e organizacións que están a construir un modelo diferente, un xeito distinto de facer as cousas que ten cada día máis importancia económica, pero tamén, e fundamentalmente, social.

 
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas
3 - 5 Mai 2024
Ata 19 Mar 2024
Convocatoria pechada
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h