Xornada “20 anos da LOUGA. O urbanismo do século XXI”

A Dirección xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda organiza a Xornada Técnica “20 anos da LOUGA. O Urbanismo do século XXI”, que se celebrará o 31 de xaneiro de 2023 no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

O programa inclúe dúas mesas redondas centradas nos cambios lexislativos dos últimos anos relacionados co urbanismo en Galicia e na redacción e tramitación do planeamento. As normas técnicas de planeamento de Galicia serán o tema da ponencia de peche da xornada. O acto contará coa participación da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez Mejuto.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI