Workshop: Galicia, destino activo

O Cluster de Turismo de Galicia convida a todas as empresas turísticas a participar na creación de produtos de turismo activo para a súa promoción nacional e internacional, a través do Workshop "Galicia, Destino Activo".  Nesta iniciativa poderán participar, ademais das empresas de turismo activo, aloxamentos, axencias de viaxes e guías turísticos entre outros.

Tras unha primeira xornada celebrada o pasado mes de maio co obxectivo de xuntar ás empresas turísticas de Galicia para dar a coñecer o programa de promoción Galicia Destino Activo para 2018, segue esta segunda destinada a implicar a estas entidades na creación de produtos turísticos participativos para a súa promoción e comercialización.

O día 11 de xuño todas as empresas que forman parte dos grupos de traballo dos produtos seleccionados por Galicia Destino Activo acoden pois a unha nova reunión onde se mostrarán as necesidades de información precisas para a dotación de contido gráfico, de texto e de vídeo.

Galicia Destino Activo  é a marca de referencia de promoción do turismo activo de Galicia, que naceu en 2015 a partir do concurso de ideas do Clúster de Turismo de Galicia e que desde ese momento está activando a promoción desta disciplina en mercados exteriores. Para isto, o Clúster conta co apoio técnico do grupo promotor de Galicia Destino Activo, conformado pola Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo (AGETAN), a touroperadora CN Travel, o grupo Caldaria e a Asociación Galega de Axencias de Viaxes (AGAVI).

Máis información no web: http://xornada.galiciadestinoactivo.com/

 
 
Workshop: Galicia, destino activo
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
Ata 3 Mai 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
Convocatoria aberta
Do 9 de abril ao 8 de maio
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h