WorkShop: fluxo de traballo con Israel Luri

Workshop sobre o fluxo de traballo fotográfico, desde a descarga á publicación en redes, pasando pola clasificación, revelado, maquetación e retoque das imaxes. O curso estará impartido por Israel Luri, formador e postprodutor fotográfico, vinculado dende a infancia coa fotografía, a transición da profesión ao dixital e o emprego dos programas de retoque fotográfico.

Actualmente adícase completamente á formación do sector fotográfico, centrando a súa labor na investigación, desenvolvemento e innovación de novas ideas que faciliten o traballo do fotógrafo.

O temario do curso inclúe os seguintes bloques: Revelado con Adobe Photoshop Lightroom, maquetación con SmartAlbums, melloras do fluxo de traballo mediante as Adobe Apps e retoque con Adobe Photoshop.

Máis información sobre o workshop no web de FotoForum Compostela.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027