A empresa do Coworking Gaiás 7H Cooperativa Cultur aorganiza Vivir do aire ou cambiar as reglas do xogo? I Encontro sobre precariedade laboral e malas prácticas no sector cultural galego, no que analizar a situación desta área en Galicia.
Tras analizar os datos dunha enquisa realizada no sector das industrias culturuais e creativas, 7H Cooperativa Cultural asegura que a pesar da boa preparación -máis do 70% ten estudos superiores e o 83% continúa formándose activamente de xeito extra académico- a precariedade laboral no sector e as habituais malas prácticas parecen conducirnos irremediablemente a un estado no que non nos queda outra que vivir do aire. Ou será posible cambiar as regras do xogo?
Coa finalidade de debater todas estas cuestións e analizar conxuntamente as nosas necesidades como profesionais da cultura e a creatividade, 7H Cooperativa Cultural convoca este I Encontro sobre precariedade laboral e malas prácticas no sector cultural galego. Destinado a profesionais en activo, desempregados e estudantes do ámbito da cultura e a creación que desexen promover co seu traballo un cambio significativo no tecido cultural galego; e que precisen información sobre cuestións laborais, fiscais ou de xestión.
























