Virada Liderado 2023

Os días 23 de marzo, 24 de maio e 15 de xuño de 2023, terán lugar os obradoiros de contido sobre o desenvolvemento do liderado da sétima edición do Programa Virada Liderado, no Edificio Fontán da Cidade da Cultura.

Este programa pretende contribuír a que persoas con responsabilidades directivas ou de coordinación de equipos de traballo, presentes ou futuras, adquiran competencias estratéxicas, interpersoais e persoais que as capaciten para o exercicio dun liderado máis efectivo. Está deseñado para compaxinalo co labor profesional, axudar a resolver situacións do día a día e compartir inquietudes con persoas afíns.

Para lograr as competencias de liderado, os obradoiros levarán a cabo un itinerario con espazos e actividades individuais e grupais que propician unha aprendizaxe vivencial próxima e de confianza, onde se traballan temas relacionados co Proxecto de Impacto Organizacional, así como elementos presentes nos Encontros presenciais Outdoor. Estarán repartidos en 16 horas de docencia presencial distribuídas en 3 obradoiros.

En canto ás actividades do programa, Virada Liderado está deseñado para que a persoa participante sexa protagonista da súa propia aprendizaxe, aínda que será de grande axuda compartir a experiencia en grupo e contar co apoio do equipo facilitador. 

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI