CLASES PRESENCIAIS CANCELADAS
O Instituto Galego do Viño organiza a séptima edición do seu Curso Superior de Sumiller Profesional. O curso desenvólvese entre setembro de 2019 e xuño de 2020. As clases teñen lugar todos os luns, en sesións de 9,5 horas e en horario de 9:00 a 14:30 e de 16:00 a 20:00, no Espazo OFF da Cidade da Cultura de Galicia.
O Curso Superior de Sumiller Profesional ofrece unha formación profunda e completa aos profesionais que desexan desenvolver a súa carreira como sumiller no sector vitivinícola, hostaleiro ou turístico. O seu programa lectivo inclúe a participación dos docentes máis prestixiosos (Josep Roca, Ferrán Centelles, César Cánovas, Raúl Pérez, etc.) e constitúese como referencia da formación vitivinícola en España.
Este programa de especialización profesional aborda a xestión dos viños desde unha perspectiva integral que inclúe fundamentos de viticultura, enoloxía e cata, así como técnicas de mercadotecnia aplicadas ao viño.
Así mesmo, a través dun programa eminentemente práctico profunda nos coñecementos necesarios para que o alumnado asuma novos retos, tales como: a difusión da cultura do viño, o desenvolvemento do enoturismo como alicerce da nova economía rural, a procura de novos mercados nacionais e internacionais, ou a orientación á calidade e á innovación nos sectores vitivinícola e hostaleiro.