VI Xornada Promoción Escénica

Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, organiza o 20 de outubro de 2026 no Edificio CINC da Cidade da Cultura a VI Xornada de promoción escénica. Esta actividade trata de crear ano a ano un espazo profesionalizado de relación entre compañías, distribuidoras e profesionais da programación escénica, de espazos públicos e privados, para axudar a facilitar a labor de distribución e venda dos espectáculos, por unha banda, e de contratación dos mesmos, pola outra.

O programa incorpora este ano Micro aberto!, un espazo participativo para compartir proxectos, reflexións e novidades do sector. Na sección O que a escena galega ten no forno, as compañías asociadas poderán presentar os seus espectáculos e outros proxectos creativos, e no Café e dossier reformúlanse o formato de xuntanzas rápidas de edicións anteriores para favorecer encontros máis distendidos. O programa completo da xornada pode consultarse aquí.

A inscrición realizarase en dúas quendas, co primeiro prazo para profesionais da programación, aberto ata o domingo 4 de outubro nesta ligazón. A inscrición na xornada é de balde. Para os e as profesionais da programación asistentes, ademais, a organización aboará os gastos de desprazamento derivados da súa asistencia, con posibilidade de aloxamento na noite anterior á celebración do encontro para aqueles profesionais asistentes desde Portugal.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027