VI Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia convoca a sexta edición dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso que impulsa o desenvolvemento de ideas emprendedoras relacionadas coas industrias culturais en Galicia.

Os premios Emprende Gaiás-Sixto Seco buscan poñer en marcha proxectos innovadores no ámbito da creación e da cultura artellados en dúas modalidades:

  • Aplicacións informáticas ou proxectos culturais en internet.
  • Proxectos na área do deseño, a xestión cultural, e a creación artística e plástica.

PREMIOS

O premio en cada unha das modalidades será:

  • Incorporación gratuíta durante doce meses ao Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura.
  • Asesoramento personalizado durante ese tempo e titoría para desenvolver o teu proxecto.
  • Premio en metálico de 3.000 euros.

As solicitudes poden presentarse ata o 17 de outubro, preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes, presencialmente ou por correo postal, no Rexistro da Fundación Cidade da Cultura de Galicia. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.

Consulta máis polo míudo esta información nas bases, dispoñibles na área de descargas.

 
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas
3 - 5 Mai 2024
Ata 19 Mar 2024
Convocatoria pechada
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h