VI Encontro CIBER.gal

Consolidado como unha cita de referencia para o ecosistema galego da ciberseguridade, o VI Encontro CIBER.gal reunirá durante tres días a profesionais, empresas, administracións públicas, estudantes e cidadanía para compartir coñecemento, coñecer novas solucións e analizar os retos dun contorno dixital en constante evolución.

Organizado polo Nodo CIBER.gal e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), coa colaboración do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), o programa da sexta edición estrutúrase en tres xornadas con contidos adaptados aos distintos públicos: a primeira estará orientada á Administración pública; a segunda, ao tecido empresaria e profesional; e a terceira terá un carácter divulgativo, cunha atención especial á comunidade educativa e á cidadanía. 

O encontro reunirá a persoas de recoñecido prestixio nacional e internacional que abordarán, entre outras cuestións, a directiva NIS2, a gobernanza da intelixencia artificial aplicada á ciberseguridade, a identidade dixital ou o financiamento de empresas emerxentes.

Ao longo das xornadas, os asistentes poderán gozar de momentos de networking e tamén terán a oportunidade de coñecer, previa inscrición, as instalacións, capacidades e os servizos dos laboratorios e centros demostradores de ciberseguridade da Xunta de Galicia. O programa inclúe a final do concurso escolar “Ciberseguridade no cole!” e actividades dinámicas para escolares.

As tres xornadas poderán seguirse de forma presencial ou en liña, con prazas limitadas para a asistencia física. A participación é totalmente gratuíta ata completar capacidade. 

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
30 Out 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h
Do 23 - 26 nov