Tertulia diálogo Arquitecto-Industria

O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia, en colaboración coa Cidade da Cultura, organiza unha sesión de charla-diálogo na que profesionais de recoñecido prestixio debatirán sobre as diferentes solucións que ofrece a madeira no ámbito da rehabilitación.

Por unha banda, as arquitectas Cristina Ouzande e Cristina Ezcurra exporán a súa experiencia con este material a través da exposición de diferentes intervencións en rehabilitación. Por outra, a arquitecta do departamento técnico de Molduras del Noroeste, Tania Pichel, amosará as solucións técnicas que ofrece a madeira adaptada a este uso.

Expostas as posturas das relatoras, abrirase o debate coas persoas asistentes. O tema do debate será fundamentalmente a rehabilitación en madeira: propostas e solucións.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta