Serán'03 | Mesa redonda: 'A revolución das pandeireteiras na música galega'

Moderada pola xornalista Pilar García Rego, a mesa redonda 'A revolución das pandeireteiras na música galega' contará coa participación de María Vidal (Cantigas de Elena), Marisol Palomo (Ialma), María López (Faltriqueira) e María Montero (Lilaina).

María Vidal, nada en Pontevedra, é integrante do trío As Cantigas de Elena. Fórmase como pandeireteira na Asociación de Coros e Danzas Gandaina. Na actualidade conxuga, ademais, o seu traballo como investigadora e divulgadora da nosa música coa ensinanza. 

Marisol Palomo é cantante no grupo Ialma. Filla de migrantes, entra en contacto coa cultura e o folclore galegos a través do Centro Galego de Bruxelas. Desempeña un importante labor de difusión da música de raíz dentro e fóra das nosas fronteiras, como integrante do grupo Ialma dende 1998 e mediante as diversas iniciativas impulsadas de xeito individual e colectivo.

María Faltri adopta o seu apelido artístico da agrupación Faltriqueira, coa que leva unha vintena de anos rodando polos principais escenarios de música folk. Inicia a súa traxectoria formándose en baile e pandeireta na agrupación folclórica da súa vila natal, Pontedeume. A día de hoxe forma parte de proxectos anovadores como Wöyza e Galician Messengers, nos cales se fusionan os sons más actuais coa música tradicional.

María Montero forma parte do grupo de pandeireteiras Lilaina. Pertencente á Asociación Cultural O'Castro, na localidade de Miño, esta agrupación folclórica inicia a súa andaina no ano 2005. Baixo a dirección de Fransy González, a traxectoria desta formación comprende numerosas actuacións en solitario e colaboracións en distintos proxectos do panorama musical actual.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
27, 28 Feb e 1 Mar
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h