Serán'03 | Festival folclórico

O festival folclórico, encontro que terá lugar a primeira xornada do Serán'03, reunirá a algúns dos grupos máis destacados de Galicia: A Ponte Vella (Teo), Donaire (A Coruña), Rebulir (Ourense), Etnográfico das Mariñas (Ferrol), Trébede (Cangas), Alxibeira (Narón) e Ultreia (Santiago).

A Ponte Vella xorde como agrupación folclórica en 1987, momento no que se crean os distintos grupos de baile e música que a integran. Ao longo destes anos o seu labor a prol da cultura galega foise consolidando e a propia agrupación foi medrando ata albergar na actualidade a máis de 100 mozos e mozas distribuidos en distintos grupos de baile, gaita e pandeireta, que se unen co obxectivo de recuperar e difundir o folclore galego.

Asociación Cultural Donaire xorde no ano 2000 na cidade da Coruña. Dende a súa orixe contribúe á conservación e promoción da cultura tradicional galega, fundamentalmente dende a área da música e o baile tradicionais. Como agrupación difunde o noso folclore dentro e fóra da nosa xeografía, con actuacións en festivais noutras comunidades e países. Ao longo da súa traxectoria colaboran así mesmo con grupos coma Berrogüetto ou Milladoiro.

Asociación Cultural Rebulir, Escola de Baile e Música Tradicional nace en 2005 no Concello de Ramiráns (Ourense). Nos seus anos de historia leva participado en numerosos festivais e actuacións a nivel autonómico e mesmo internacional. Entre os recoñecementos obtidos cabe salientar que no ano 2018, recibe o Premio Xavier Prado Lameiro pola súa contribución á recuperación, difusión e posta en valor da cultura galega. E no ano 2019 outórganlle o Premio Rodolfo Prada á Xestión Cultural polo proxecto do Festival Internacional Rebulir.

Dende a súa fundación no ano 1979, a agrupación Etnográfico das Mariñas tivo por propósito a investigación, recompilación, e divulgación da etnografía de Galicia e da súa riqueza folclórica tradicional. O seu repertorio componse de jotas, muiñeiras e danzas aprendidas e recollidas en diferentes puntos da xeografía galega. Este grupo folclórico ten actuado en máis de 60 festivais internacionais en España, entre os que se atopan o Festival del Mediterráneo (Murcia), Festival do Mundo Celta (Ortigueira) ou o Festival de la Seguidilla (Ciudad Real).

Trébede nace en 2011, froito da cooperación entre dúas asociacións xa existentes. O seu elenco de artistas está composto por membros procedentes maioritariamente da comarca do Morrazo, Pontevedra, Vigo, Gondomar ou Baiona, que conforman as distintas formacións existentes dentro de Trébede: grupo de baile, pandeireteiras e charanga ou orquestra tradicional. Todas as pezas interpretadas polo grupo son froito do traballo de campo dos seus compoñentes, adicados á recompilación do noso patrimonio inmaterial para a súa posterior difusión e posta en escena.

Alxibeira xorde en 1986, con persoas das diversas Escolas de Baile Tradicional das localidades do Concello de Narón. É un Grupo de Baile Tradicional integrado por bailadoras e bailadores de idades comprendidas entre os 15 e os 30 anos, que comparten o interese pola recuperación das máis xenuínas tradicións culturais galegas. As cancións que integran o seu repertorio son interpretadas polo Grupo de Canto e Pandeireta do Padroado da Cultura que acompañan a Alxibeira nas actuacións, xunto co Grupo de Gaita e Percusión Tradicional

Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia nace en 1993 coma un colectivo interesado na recuperación da música, instrumentos, traxes e danzas tradicionais galegas. A agrupación está dividido en dúas seccións, un grupo de músicos e pandeireteiras, e un grupo de baile. Ao longo dos seus anos de existencia tiveron a oportunidade de colectar máis de vinte danzas de diferentes zonas, uns quince vestiarios diferentes e numerosas pezas instrumentais e cantadas, así como numerosos instrumentos hoxe xa practicamente extintos e descoñecidos para o público.

 
 
8 Set 2022 - 21 Xuñ 2023
10.00 h | 12.00 h | 12.30 h | 13.00 h | 16.00 h
21 Out 2022 - 17 Abr 2023
21 Out 2022 - 16 Abr 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
11 Nov 2022 — 9 Abr 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
11 Nov 2022 - 9 Abr 2023
De Nov 2022 a Mai 2023
De 9.00 a 21.00 horas
Inverno 2023
Sábados, domingos e festivos | 11.30 e 13.00 h
27 Set - 18 Dec de 2022
De 10.00 a 20.00 horas
4 Feb 2023
De 10:00 a 12.00 e de 16.00 a 20.00 horas
4 Feb 2023
De 17.00 a 18.30 horas
20 Feb 2023
16.30 h — 19.30 h
7 Mar - 11 Xuñ 2023
De martes a domingo | De 10 a 20 h
27 Xuñ 2023 - 7 Xan 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h