Santiago de Compostela acolle o 26 de febreiro un seminario no que distintos países europeos poñerán en común información de interese e sumarán argumentos para a defensa do mar nas negociacións do Brexit.
Nel participarán representantes do sector de Galicia e do resto de España e tamén de países como Holanda, Alemaña, Bélxica, Francia e Irlanda, países que teñen intereses comúns na defensa dos sectores do mar ante a saída de Reino Unido da Unión Europea.
O Seminario terá lugar no Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia.
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
Xuñ - Out 2026
26 set 2026
Ás 18:00h























