Road Show Ruta 151 - Asepeyo

Asepeyo ten en marcha a unidade móbil “Ruta 151”, que percorrerá máis de 80 poboacións españolas durante o próximos tres anos, e na que ensinan todas as novidades en prevención de riscos laborais e empresa saudable.

Esta unidade móbil ten como obxectivo a promoción, difusión e sensibilización en boas prácticas en prevención de riscos laborais e a implementación de hábitos saudables. A previsión é que máis de 15.000 empresas mutualistas se sumen a esta experiencia e a vivan en primeira persoa. 

A unidade móbil "Ruta 151" chega á Cidade da Cultura o martes 9 de novembro

Os distintos contidos que se expoñen nesta unidade móbil responden á análise do impacto positivo que xera a aplicación dos avances tecnolóxicos no ámbito da prevención de riscos laborais, seguindo 3 liñas de actuación:

  • Innovación para facer máis atractiva a prevención e potenciar os efectos da sensibilización, a través da gamificación e da dixitalización.
  • Desenvolvemento de novos contidos, especialmente dirixidos ao equipo directivo das empresas e ao persoal con responsabilidades en prevención.
  • Investigación sobre as boas prácticas fronte aos riscos emerxentes.
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI