O Cluster Turismo de Galicia celebra este martes 7 de xullo na Cidade da Cultura a reunión da súa Asemblea Xeral de socios. A cita será no Auditorio 2 do Edificio CINC a partir das 10 horas.
O Clúster Turismo de Galicia é unha agrupación de empresas vinculadas por unha mesma cadea de valor e que desenvolven as súas actividades nun espazo xeográfico concreto, Galicia, ao redor do sector turístico, ben como actividade principal ou complementaria. O seu obxectivo é constituírse como a Voz do Turismo, vertebrando unha oferta tan rica e diversa como a galega e promovendo actividades de colaboración que permitan mellorar a competitividade, a innovación e a internacionalización deste sector. O obxectivo final non é outro que o de potenciar a marca Galicia como destino turístico forte, diferenciado e situalo a escala global.
Actualmente o CTG, constituído en decembro de 2013, está conformado por 72 entidades que agrupan toda a cadea de valor do sector turístico e que se distribúen polo catro provincias galegas. Estas entidades, entre federacións, consorcios e asociacións provinciais e galegas representan o 95% do sector turístico de Galicia, agrupando a máis de 7.000 empresas, aínda que non estamos fronte a unha agrupación pechada posto que segue aberta a máis incorporacións.
























