Reto da Raposa Fedella | Vive co Exeria unha viaxe de aventuras

Viaxar ata a mesma Constantinopla ou escalar a montaña sagrada do Sinaí. Todas estas aventuras e máis‼️ no novo reto da Raposa Fedella.

A vosa pícara amiga proponvos hoxe divertidos desafíos seguindo os pasos da intrépida Exeria, a primeira muller escritora e peregrina da Península Ibérica.

Esta pioneira era unha das protagonistas de Galicia un relato no mundo, da que podedes continuar a descubrir máis fazañas na recén estreada visita virtual da mostra, porque tal e como ides aprender da valente Exeria, os lindes físicos, xeográficos e tamén de xénero, están para saltalos!