Recoñecemento a empresas socias e colaboradoras coa Cruz Vermella Santiago

O vindeiro xoves día 15 de novembro ás 19:00 horas celébrase, na Cidade da Cultura, o acto de recoñecemento ás empresas socias e colaboradoras coa Asamblea Comarcal da Cruz Vermella en Santiago de Compostela. O obxectivo é recoñecer publicamente a participación activa das entidades que apoian o Plan de Emprego de Cruz Vermella, xunto con outras empresas colaboradoras. Esta contribución plasmouse na realización de varias accións conxuntas tales como a acollida de alumnos e alumnas en prácticas, a derivación de ofertas de emprego, sesións de orientación profesional, cesión de espazos ou profesionais e, en resumo, impulsando a creación de mercados inclusivos.

A estrutura básica do acto será a seguinte:

  • Recepción de asistentes con photocall.
  • Benvida e presentación do acto por parte do humorista Victor Grande.
  • Entrevista informal a diferentes empresas colaboradas e a usuarios da asamblea.
  • Entrega de diplomas a empresas colaboradoras.
  • Ao finalizar o acto realizarase unha foto grupal con todas as empresas asistentes e haberá un pequeno catering.
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI