Reb/veladas na paisaxe (III) | Programación Xacobeo 21·22

A Cidade da Cultura de Galicia pon en marcha unha terceira edición de Reb/veladas na paisaxe para darlle visibilidade e pór en valor as creacións contemporaneas realizadas por mulleres. Este ciclo de intervencións artísticas nos espazos naturais do Gaiás tamén pretende potenciar as zonas verdes do complexo como lugar de creación e exhibición artistica.

As tres instalacións forman parte da programación do Xacobeo 2021-22 ao estableceren un diálogo físico e visual co Camiño de Santiago, xa que a Vía da Prata chega a Compostela pola calzada do barrio de Sar, que transcorre paralelo á faldra oeste do Bosque de Galicia.

Intervencións:

Ousadía, a liña da vida (homenaxe a Félix González Torres)
Artista: Amaya González Reyes | Comisaria: María Marco

 Cantas maneiras hai de poñer o corpo a pensar? E cantos paxaros haberá
Artista: María Xosé Díaz | Comisaria: Violeta Janeiro Alfageme

Metáforas: pegadas dun percorrido
Artistas: Alexandra R. Rey & Thomas Apostolou | Comisaria: Elena Bangueses

Ousadía, a liña da vida


Inspirándose nos tratados quirománticos escritos á luz do Camiño de Santiago no s. XII que interpretaban o futuro nos      debuxos das liñas da man, a artista, nun xiro radical de escala, monta nun valado publicitario unha fotografía das súas propias liñas. A súa lectura contrasta dúas cosmogonías: a que arma que o noso camiño está escrito —un determinismo mecanicista que entraña a anulación da nosa vontade individual— e outra, indeterminista, que cre na liberdade e na elección consciente do noso destino. Esta peza, íntima e universal, funciona como un artefacto filosófico que lle lanza unha pregunta ao espectador: o noso camiño está xa escrito? +INFO

 

Cantas maneiras hai de poñer un corpo a pensar? E cantos paxaros haberá


Nove corpos poliédricos orixínanse no particular da biografía de Maria Xosé Díaz, quen proxecta nesta escultura viva a lembranza dunha paisaxe desaparecida e, con ela, o conxunto de lugares e situacións que se estruturaban dende o coidado e os afectos da súa comunidade. Os paseos e derivas que marcan a experiencia do Camiño de Santiago caracterizan os modos de facer da artista, que atopa no corpo en movemento un xeito de recuperar unha memoria sentimental. E no contacto coa natureza, o alivio dunha sociedade obstinada ao rendemento. +INFO

 

Metáforas: pegadas dun percorrido


Percorrendo unha escolma de tramos dos cinco camiños principais cara a Santiago, os artistas rexistran sobre o cobre puntos de contacto coa contorna. Colocan o material entre eles mesmos e os lugares que tocan, por onde camiñan, onde sentan ou se apoian. Esta aproximación atenúa a liña entre o físico e metafórico do Camiño, reectindo a dualidade entre moverse por unha paisaxe e Levar consigo a súa pegada. O que se interpón entre o individuo e a paisaxe convértese nun lugar onde a realidade subxectiva e obxectiva se comprime, conformando o espazo de meditación onde se produce a viaxe real. +INFO

 
Exposicións
 
6 Nov 2020 - 30 Mai 2021
De martes a domingo | de 10 a 20h
6 Nov 2020 - 30 Mai 2021
De 9 a 21 h
18 Mar - 5 Set 2021
Aberta de martes a domingo | De 10 a 20 horas
23 marz - 8 ago 2021
Aberta de luns a domingo | De 10 a 20 horas
27 Mar - 15 Ago 2021
De martes a domingo, de 10 a 20 horas
30 Abr - 27 Xuñ 2021
De 10 a 20 horas
14 mai - 30 ago 2021
Aberta de 9 a 21 horas