Cantas maneiras hai de poñer o corpo a pensar? E cantos paxaros haberá

Instalación de nove figuras poliédricas que no superan o medio medro de altura nas faldras do Bosque de Galicia, mirando cara ás Brañas de Sar, xa que a artista cóntanos o mundo que coñeceu na súa infancia neste lugar, ao que sempre volvía en período de vacacións, tras longos espazos interna nun colexio en Zaragoza.

Este espazo e o seu contexto marcaron as formas de ser e facer da artista que agora é, que se nutre e inspira nese universo propio ao que empezou a dar forma durante a súa nenez, marcada esta por os paseos e percorridos polo campo, o contemplar do Monte Gaias, polos baños no río Sar… Os paseos e derivas que marcan a experiencia do Camiño de Santiago  caracterizan os modos de facer da artista, atopando no corpo en movemento, unha forma de recuperar unha memoria sentimental. E no contacto coa natureza, o alivio dunha sociedade  obstinada ao rendemento.

Maria Xose Díaz (1949) é unha das figuras craves na recuperación dunha memoria propia coa que ensaiar novas xenealoxías de mulleres artistas, entendidas estas como suxeitos subalternos que se sobrepuxeron aos roles de “boa nai e esposa” que o seu tempo reservara para elas. É parte desa xeración de mulleres, entre as que se atopa a recentemente falecida Elena Colmeiro, Bea Rey ou Soledad Penalta… entre outras, que abriron un camiño marcado pola competencia dunha ampla listaxe de nomes masculinos que vertebran e articulan a historia da arte que se nos deu a coñecer. Desandar o camiño, é unha forma de coidalo, atendendo a eses outros relatos que aniñan desapercibidos na nosa  historiografía, e que nos serve para poñer de relevo os termos que gobernaron e gobernan a vida destas mulleres, e de que maneira irromperon os poderes establecidos para inventarse unha nova orde no que tivese cabida a súa obra.

A instalación conta cunha publicación duns 100 exemplares que reunirá diferente voces que proxecten e articulen desde outras perspectivas o traballo da artista. Entre elas, está a poeta Luz Pichel ( Alén 1947) e precisamente dun dos seus versos sae o título da instalación. E nel alúdese á arte como proceso de curación.

Con este material impreso, procúrase non só amplificar a resonancia desta instalación, se non crear unha memoria dela. Cruzar o traballo de María Xosé con outras voces actuais, servirá tamén para poñer en circulación o traballo dunha artista a través da análise e o estudo do seu traballo.

  • María Xose Díaz | Artista

Cursou a carreira de Belas Artes en Barcelona. A súa inicial exposición data de 1980, en San Cugat, Barcelona. Posteriormente fíxoo en Compostela, Vilagarcía, Madrid, Vigo, Ferrol e A Coruña.

Unha mostra notable foi a realizada en 1997 en Pontevedra, debido a que constituíu un panorama do seu universo plástico, aparentemente reiterado e con todo, con infinitas variacións.

Colectivamente, a súa obra puido ser contemplada en numerosas cidades de toda España, entre elas a segunda Bienal de Artistas Galegas, de 1990, en Vigo, Novos Valores da Expo de Sevilla, en 1992, e a terceira Mostra Unión Fenosa, na Coruña. Está representada no Museo de Cerámica de Barcelona, Xunta de Galicia, Auditorio de Galicia, en Compostela e outras coleccións institucionais.

A formación artística de María Xosé Díaz procede do debuxo e da pintura, disciplinas nas que se gradúa na Facultade de Belas Artes de Barcelona en 1980. Esta inicial etapa pictórica detense durante toda a década dos oitenta na que a artista decide experimentar coa cerámica tradicional. En 1990 María Xosé decide abandonar as posicións artesanais e utilitarias para penetrarse nunha estética de severa simetría compositiva utilizando materiais atopados que combina co ferro e a madeira. Un drástico cambio de formulacións persoais e estéticas co que comeza a difundir a súa obra a través das súas primeiras exposicións en galerías galegas, en 1991.

  • Violeta Janeiro Alfageme | Comisaria

Curadora e investigadora en prácticas artísticas cunha repercusión na sociedade civil, e as súas consecuentes estratexias para non traizoar a súa emancipación.

Doutorando pola Universidade de Santiago de Compostela. Comisaria do programa de residencias La ciudad de los cuerpos que gozan en Planta Alta, Madrid, programa que funciona coas axudas da Consellería de Cultura, Turismo y Deportes da Comunidade de Madrid.

Xunto coas comisarias Lorena Mz. de Corral e María de Corral, desenvolveu o proxecto de exposición seleccionado pola Fundación ENAIRE para inaugurar as Naves de Gamazo e La Arquería, as novas sedes da fundación en Santander e Madrid.

 En 2020 forma parte da Rede Itiner, plataforma de colaboración entre a Comunidad de Madrid e os seus Concellos coa exposición Mundo domesticado, sin lugar para lo salvaje con obras dos fondos do CA2 M e Fundación ARCO.

¿Cómo continuar? é unha exposición en liña no Centro Cultural de España en Lima . Trátase dunha exposición que xorde dun proxecto epistolar que se mostrou no espazo autoxestionado Bisagra o pasado xaneiro en Perú. Durante o 2019, destacar a súa participación no programa educativo ‘Hacer/pensar’. A xestión cultural como práctica de pensamento organizado polo Museo Reina Sofía.

 
Exposicións
 
6 Nov 2020 - 30 Mai 2021
De martes a domingo | de 10 a 20h
6 Nov 2020 - 30 Mai 2021
De 9 a 21 h
18 Mar - 5 Set 2021
Aberta de martes a domingo | De 10 a 20 horas
23 marz - 8 ago 2021
Aberta de luns a domingo | De 10 a 20 horas
27 Mar - 15 Ago 2021
De martes a domingo, de 10 a 20 horas
30 Abr - 27 Xuñ 2021
De 10 a 20 horas
14 mai - 30 ago 2021
Aberta de 9 a 21 horas