A Amtega pon en marcha a iniciativa Rapaciñ@s, unha serie de charlas informativas que percorrerá Galicia da man das colexiadas e colexiados do CPEIG e que arrinca cun gran evento na Cidade da Cultura este sábado.
Familias e docentes atoparán información e recursos de interese, namentres as nenas e nenos adquiren hábitos seguros para navegar na Rede e desenvolven a súa creatividade tecnolóxica a través de obradoiros pensados para que se divirtan e aprendan. Os obradoiros son de 16:30 a 20 horas e para a súa realización, os rapaces (de entre 8 e 14 anos) deberán traer un smarthpone ou tablet. Non é necesaria inscrición previa.
O programa para os adultos constará dunha charla de Enrique Dans titulada 'Nenos, rede e futuro: o perigo está en non estar', seguida da ponencia de Rocío Ramos-Paul: Educar na era dixital.
| 765.87 KB |






























